Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2023

Hábitos saudables e non saudables

Hábitos saudables e non saudables Tras un curso moi movido, marcado polo deporte e o baile, o noso alumnado parece ter claro que é importante ter unha vida activa para estar sans e felices. Pero iso non é todo. Hai moitos outros aspectos que temos que ter en conta para levar un estilo de vida saudable.  Que hábitos saudables coñeces? E que hábitos debemos evitar?  Por se precisas axuda, dende o centro, alumnado e profesorado en conxunto fixemos este mural colaborativo onde podes atopar un listado de ideas.  Estás de acordo coas ideas aportadas? Se tes algo que decir, só tes que entrar no enlace e facer a túa aportación, ou ben engadindo un hábito ou ben comentando algún dos xa existentes. https://padlet.com/elisacastro5/h-bitos-saudables-e-non-saudables-61u9c8izqt4v3hml Moito ánimo e móvete máis!