Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2023

XOGADE

 Xornada Dinamización Deportiva Intercentros (Xogade) Xuntanza co colexio Hnos. Quiroga para unha xornada de dinamización deportiva, onde houbo varias disciplinas que os nenos e as nenas disfrutaron ao longo da mañán, tanto no pavillón deportivo municipal como nas instalacións do colexio. - Bádminton - Balonmán - Botebol - Baloncesto - Fútbol sala

Entroido

DESFILE DO ENTROIDO O venres do Entroido, saímos a desfilar polo centro de O Porriño, un pasarúas moi divertido coa temática dos deportes. Ademáis sumáronse outros colexios e asociacións da zona para darlle colorido ao festival.  ....porque no Xosé Fernández López, movémonos.

Obradoiro de Baile

Móvete+ Obradoiro de baile      Que importante e divertido é moverse a través da danza e do baile, e no Xoferlo sabémolo ben! É por elo que o pasado xoves 9 de marzo o alumnado de infantil e de 1º e 2º de primaria desfrutaron dun fantástico obradoiro de baile organizado por Studio 57.        Nel os máis cativos do centro iniciáronse en ballet e predanza, baile fusión e incluso deron os seus primeiros pasos de breakdance.      Moitas grazas aos monitores Raquel, Geni, Paula e Vladimir por brindarnos a oportunidade de aprender convosco. https://youtu.be/sGlct8VLNww                                                                                                Porque no Xoferlo, movémonos...
Ensaio do baile do Día da Paz (Porque no Xoferlo, movémonos...) Momento do ensaio do baile do día da Paz. Este baile tamén o fixemos no desfile de Entroido, como parte doutras coreografías.

Movémonos

     Cada día, vemos máis nenos e nenas enganchados aos móbiles e tabletas en lugar de saír de excursión ao campo, xogar no parque ou facendo calquera outra actividade que requira moverse .      Por este motivo, cremos imprescindible concienciar ao alumnado da importancia do exercicio físico, sobre todo ao aire libre e en grupo. Non só melloramos o noso físico e saúde senón que tamén socializamos cos nosos compañeiros e compañeiras.