Hábitos saudables e non saudables Tras un curso moi movido, marcado polo deporte e o baile, o noso alumnado parece ter claro que é importante ter unha vida activa para estar sans e felices. Pero iso non é todo. Hai moitos outros aspectos que temos que ter en conta para levar un estilo de vida saudable. Que hábitos saudables coñeces? E que hábitos debemos evitar? Por se precisas axuda, dende o centro, alumnado e profesorado en conxunto fixemos este mural colaborativo onde podes atopar un listado de ideas. Estás de acordo coas ideas aportadas? Se tes algo que decir, só tes que entrar no enlace e facer a túa aportación, ou ben engadindo un hábito ou ben comentando algún dos xa existentes. https://padlet.com/elisacastro5/h-bitos-saudables-e-non-saudables-61u9c8izqt4v3hml Moito ánimo e móvete máis!
Móvete+ Reto conseguido O noso alumnado conseguiu superar o reto das Letras Galegas...e con creces! Tras catro venres de ensaios, con tan só uns minutos de práctica despois do recreo, quedounos unha coreografía estupenda. Velaquí tendes o vídeo co resultado. Moitas grazas pola participación e a seguir movéndose!