Saltar ao contido principal

Obradoiro de Baile


Móvete+
Obradoiro de baile


    Que importante e divertido é moverse a través da danza e do baile, e no Xoferlo sabémolo ben! É por elo que o pasado xoves 9 de marzo o alumnado de infantil e de 1º e 2º de primaria desfrutaron dun fantástico obradoiro de baile organizado por Studio 57. 


    Nel os máis cativos do centro iniciáronse en ballet e predanza, baile fusión e incluso deron os seus primeiros pasos de breakdance.


    Moitas grazas aos monitores Raquel, Geni, Paula e Vladimir por brindarnos a oportunidade de aprender convosco.





                                                                            Porque no Xoferlo, movémonos...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Reto das Letras Galegas

Novo trimestre, novo reto. Gústache a canción de Terra das Tanxugueiras? Entón únete xunto co alumnado do CEIPP Xosé Fernández López ó noso reto do Día das Letras Galegas.   Cada venres despois do recreo, dende hoxe ata o venres 12 de maio, todo o alumnado aprenderá un novo paso desta coñecida canción. O martes 16 de maio teremos o resultado final.   Apúntaste? Se é así e queres ir practicando a coreografía pola túa conta, entra no seguinte enlace: Terra - Tanxugueiras - YouTube Moito ánimo e móvete máis!

Entroido

DESFILE DO ENTROIDO O venres do Entroido, saímos a desfilar polo centro de O Porriño, un pasarúas moi divertido coa temática dos deportes. Ademáis sumáronse outros colexios e asociacións da zona para darlle colorido ao festival.  ....porque no Xosé Fernández López, movémonos.